Quenes somos?

Presidente - Juan Manuel García Cambeiro

Foto do presidente da asociación

Biólogo mariño, mergullador e fotógrafo. Nado en Montevideo e criado en Burela, especializouse en ecoloxía mariña ártica na Universidade de Tromsø (UiT), onde estudou a biodiversidade dos ecosistemas bentónicos profundos.Ao longo da súa traxectoria combinou traballo científico —participando en campañas en alta mar no mar de Barents e Svalbard— con actividades de divulgación e turismo de natureza en destinos como as Azores, Noruega e Costa Rica. Neste último, traballou como biólogo para o Leatherback Trust, coordinando voluntariado internacional nunha praia de nidificación de tartarugas mariñas.Como mergullador, está especializado en auga fría, con experiencia en inmersións en contornos polares e subárticos, e formación en mergullo técnico e conservación submarina.En 2023 recibiu a beca Tvibitstigen para desenvolver unha serie de exposicións de fotografía ambiental sobre o impacto humano no mar. Con esta experiencia diversa e complementaria, decidiu volver a Galicia para impulsar Ronsel do Urco: un proxecto que combina restauración mariña, mergullo con propósito e educación ambiental arraigada no territorio.

Secretaria - Alicia L. Bruzos

Foto da secretaria da asociación

Bióloga e doutora en medicina molecular, Alicia López Bruzos é investigadora en xenética mariña na Universidade de Caen (Francia), onde traballa co apoio dunha bolsa europea Marie Skłodowska-Curie. Estuda como se transmiten certos tipos de cancro entre berberechos e outras especies de bivalvos, unha liña de investigación que conecta a bioloxía mariña coa saúde dos ecosistemas costeiros e a ciencia médica.Premiada por la Fundación L’Oréal-UNESCO For Women in Science en 2024, Alicia é tamén unha voz activa na defensa dunha ciencia con raíces: máis feminista, máis galega e máis próxima. Nacida en Lugo e criada en Viveiro, nunca perdeu o vínculo coa súa terra, e participa activamente en accións de divulgación e motivación científica para escolares.En Ronsel do Urco aporta unha visión que vai máis alá do laboratorio: cree nunha ciencia cidadá que implique á comunidade, que teña impacto real no territorio e que visibilice o talento que existe —e resiste— dende a periferia.

Tesoureiro - Mario blanco vieites

Foto do Tesoureiro da asociación

Doutor en Enxeñaría Ambiental, Mario é un investigador galego cunha sólida traxectoria no ámbito da biotecnoloxía das microalgas. A súa carreira abrangue desde o desenvolvemento de sistemas sostibles de cultivo de microalgas para a produción de bioestimulantes agrícolas ata a aplicación de principios de economía circular na biorremediación de augas residuais industriais.Durante o seu doutoramento na Universidade de Oviedo, Mario centrouse na creación de sistemas de aproveitamento de augas residuais mediante o cultivo de microalgas, contribuíndo a proxectos que integran a sustentabilidade ambiental coa innovación tecnolóxica.Na actualidade, desempeña o cargo de Business Development Manager en CEAMSA, unha empresa líder na produción de hidrocoloides naturais, onde aplica o seu coñecemento científico para impulsar solucións innovadoras no sector alimentario.En Ronsel do Urco, Mario achega a súa experiencia en biotecnoloxía e sustentabilidade, comprometéndose coa promoción da ciencia cidadá e a educación ambiental, co obxectivo de fomentar unha relación máis consciente e respectuosa coa nosa contorna mariña.